Que segundoa documentación que consta nestas dependencias municipais, resulta que esteConcello foi beneficiario, no ano 2020, da actuación PROGRAMA SITUACIÓN DEALARMA E EMERXENCIA SANITARIA COVID-19 (MASCARILLAS ADULTOS E INFANTÍS, BRIGADADESINFECCIÓN COVID-19: SALARIO E SEGURIDADE SOCIAL 2 EMPREGADOS), incluída noPLAN PROVINCIAL ÚNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2020 da Deputación de Lugo.
O 14 de marzo de 2020 declarouse oestado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada poloCoronavirus COVID-19, ao abeiro do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo (BOEnúm. 67, do 14 de marzo). Esta enfermidade, considerada pandemia, polaOrganización Mundial da Saúde, provocou un serio risco para a saúde das persoasdebido á súa elevada capacidade de contaxio.
As distintas administraciónsestatais e autonómicas adoptaron unha serie de medidas para tratar de reduciros seus efectos, principalmente o confinamento, e logo a recomendación dunhaserie de medidas hixiénicas e sanitarias coa fin de previr a súa propagacióndun xeito masivo. Neste caso houbo dúas liñas de actuación:
Unha destas medidas foi arecomendación do uso de mascarillas para as persoas. Así o Concello deMondoñedo, seguindo estas recomendacións, adquiriu 4.000 mascarillas para acidadanía, que se repartiron a todos os cidadans do municipio, así como aosnegocios da localidade, e por outra banda adquirironse tamén 1.000 mascarillasinfantís.
Neste caso o Concello deMondoñedo, estimou a necesidade de destinar 2 persoas do seu plantel municipal(non foron novas contratacións), isto é, un operario, e un peón de limpeza, paraa realización de labores de limpeza, desinfección e desinfectación de locais ebens inmobles de titularidade pública e/ou municipal desde o 14 de marzo ata o31 de decembro, imputando únicamente, neste programa, os custos de nóminas eseguridade social de media xornada destes dous traballadores.