Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Parroquia de San Vicente

Igrexa Parroquial de San Vicente de Trigás

Esta igrexa foi construída en 1963. Trátase dunha edificación rectangular cunha soa nave e campanario que veu a substituír á cabeceira da parroquia á antiga capela de San Vicente de Trigás.

Capela de San Vicente de Trigás

Na parroquia de San Vicente, ao pé do trazado do Camiño de Santiago temos esta capela de planta rectangular que foi a igrexa parroquial ata a construción do novo templo. Posúe nave, altar maior e sancristía detrás. Un arco de medio punto separa a nave do altar. A presente edificación é do século XVI.

A fachada presenta un pórtico na entrada e está coroada por unha espadana dun só corpo.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com