Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Cova do Rei Cintolo

Nesta cova, situada entre os barrios de Orxal e Supena na parroquia de Argomoso, reúnense dous factores de interese, o natural e o cultural ou histórico, polo que falaremos dela, ademáis de aquí, no seguinte capítulo adicado á riqueza natural de Mondoñedo.

No tocante ao patrimonio histórico e cultural hai que indicar que este é un lugar catalogado pola Dirección Xeral de Patrimonio como xacemento de tipo Paleolítico e, polo tanto, vencellado ás primeiras etapas do home na terra.

Así, xa dende antigo, a cova estivo moi ligada aos estudos arqueolóxicos e así, por un pioneiro destes estudos foi descuberta para o mundo científico por José Villaamil y Castro. Será el quen no 1873 en Antigüedades prehistóricas y célticas de Galicia publique o primeiro plano de Rei Cintolo. Da zona superior da cova que se denomina Sector Central e que abrangue uns 300 metros de percorrido.

Un pouco máis tarde, no ano 1946, José Trapero Pardo dará noticia da aparición dun puñal que el calificará de Celtibérico, pero que estudos posteriores farán que hoxe se encadre, nos fins do medievo. Pouco tempo máis tarde aparecerá unha punta de frecha tallada en sílex.

A comezos da década de 1970 atópanse unha serie de restos humanos pertencentes, todos eles, a un mesmo individuo. Estes, tras un estudio antropolóxico, foron situados nos fins do Paleolítico Superior.

Nos fins do século XX, no ano 1989, realízase unha campaña de valoracións arqueolóxicas en cavidades da zona por parte de M.ª J. Soto Barreiro e P. Pumarejo Gómez. Nese estudo incluirase Rei Cintolo, pero non se dan conclusións relevantes para esta.

Xa no século XIX, ano 2003, R. Villar Quintero realiza unha valoración do Sector Central da cova con sondaxes no pórtico de entrada e nas galerías interiores correspondentes. Estes traballos deron como resultado a constatación de restos de ocupacións no pórtico de entrada correspondente ao período medieval (século XI).

Nas sondaxes das galerías interiores constatouse un fogar nunha galería menor así como unha serie de pequenos gravados que abren un debate científico pola posibilidade de dúas interpretacións para a súa autoría: a man do home ou as zarpas dos osos por ser un lugar adecuado, segundo opinións, para que estes invernasen.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com