Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Actualidade

O Concello de Mondoñedo licita a segunda fase do proxecto de aforro e eficiencia enerxética no alumeado público do casco histórico

Catedral Mondoñedo_20210511

·  O goberno local destaca que "esta actuación continúa a favorecer o aforro na factura da luz ao implementartecnoloxías máis eficientes" e explica que "o aforro enerxético estimado conesta actuación é dun 59%"

· O Instituto para aDiversificación e Aforro de Enerxía concedeu ao Concello de Mondoñedo unhasubvención dun máximo de 97.512,48 euros no marco do programa operativo FEDERde crecemento sostible 2014-2020

· O Concello xa lograra captarfondos europeos que xestiona o IDAE para a primeira fase deste proxecto para arenovación do alumeado no entorno da Catedral e do Seminario de Mondoñedo, parao alumeado ornamental da Catedral e para iniciar a renovación de puntos de luzno rural

Mondoñedo, a 9 de maio de 2021.- O Concello de Mondoñedo licita as obras da segundafase do proxecto de aforro e eficiencia enerxética do alumeado público exteriordo casco histórico. A adecuación prevista permitirá renovar 112 puntos de luz aosubstituír as actuais luminarias por lámpadas LED máis eficientes nas rúas Rocha de Velez, dos Castros, Julia PardoMontenegro, Alfonso VII, Pardo de Cela, Camiño Norte e na avenida As San Lucas.Tamén se substituirá o cadro de mando de Os Castros que subministra a estasrúas e se implementarán proteccións adaptadas á normativa vixente.

O goberno local destaca que "esta actuación continúa afavorecer o aforro na factura da luz ao implementar tecnoloxías máiseficientes"; xa que ¿o aforro enerxético estimado con esta actuación é dun59%¿. E, ao mesmo tempo que se diminúe o consumo de enerxía, redúcese a emisiónde dióxido de carbono. Así mesmo, os membros do executivo local indican que "amellora do alumeado público nas rúas do casco histórico mindoniense dacumprimento aos requirimentos de iluminación, calidade e confort visualregulamentarios".

Mondoñedo capta fondoseuropeos

O proxecto, que recolle un custe previsto de 121.890,60euros, conta co apoio do Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía(IDAE) que concedeu ao Concello de Mondoñedo unha axuda dun máximo de 97.512,48euros no marco do Programa de subvencións a proxectos singulares de entidadeslocais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco doprograma operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020.

OConcello de Mondoñedo volve captar, deste xeito, fondos procedentes do FondoEuropeo de Desenvolvemento Rexional, que xestiona o Ministerio de TransiciónEcolóxica a través do IDAE. Xa lograra unha subvención do IDAE para a primeirafase do proxecto de mellora do alumeado público no entorno da Catedral e doSeminario de Mondoñedo cuxas obras se comezaron a executar a comezos do mes demarzo.

Aadministración local xa conseguira tamén oseu apoio para renovar o alumeado ornamental da Catedral e, previamente,lograra outra subvención do ente estatal para iniciar a renovación de puntos deluz no rural.

Gabinete de Comunicación

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com