Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Actualidade

O Concello enviou ao Ministerio o proxecto de reforma da praza da Catedral de Mondoñedo unha vez acadado o consenso

O documento final recolle aproposta de execución daquelas actuacións que espertan unha aceptación unánime;mentres que aquelas que non a teñen foron adaptadas ou rexeitadas

 

O Concelloenviou ao Ministerio o proxecto de reforma da praza da Catedral de Mondoñedounha vez acadado o consenso

· O goberno local fixo taménentrega dunha copia do proxecto modificado a tódalas persoas interesadas coasque mantivo reunións

· Os dirixentes municipais poñen tamén en valor que ¿esteproxecto permite tamén adaptarse á nova realidade da cidade derivada daaprobación do Plan Rexurbe¿

· O Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbanatiña confirmada unha aportación de 194.054 euros a cargo do 1% cultural e oConcello achegará 64.684 euros paracompletar o orzamento

· As actuacións para a mellora da praza máis emblemática dacidade ¿nun momento sensible derivado da crise sanitaria e económica¿ suporán¿un gran impacto económico positivo¿, segundo sinala o goberno local

Mondoñedo, a 26 de maio de 2021.- O Concello deMondoñedo enviou o pasado 14 de abril o proxecto de reforma dapraza da Catedral modificado, unha vez acadado o consenso cos distintos actoressociais, ao Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana que tiñaconfirmada unha aportación de 194.054 euros acargo do 1% cultural.

O documento final recolle a proposta deexecución daquelas actuacións que espertan unha aceptación unánime; mentres queaquelas que non a teñen foron adaptadas ou rexeitadas. Nese sentido, o equipode goberno mindoniense agradece as aportacións para esta iniciativa detranscendencia na vida cultural e económica de Mondoñedo, que suporá unhaconsiderable mellora na imaxe dunha das prazas máis emblemáticas de Mondoñedo.

O goberno da cidade, que mantivoreunións con todas as persoas interesadas e con aqueles que presentaronsuxestións durante o prazo establecido polo Concello, fíxolles tamén entregadunha copia do proxecto modificado.

Os dirixentes municipais poñen tamén envalor que ¿este proxecto permite tamén adaptarse á nova realidade da cidadederivada da aprobación do Plan Rexurbe, instrumento para a rexeneración erehabilitación de Mondoñedo non só dende o punto de vista arquitectónico, senóntamén ambiental, económico, social e cultural¿.

Aportación municipal para xerar impactoeconómico

O Concello dirixirá a este proxecto64.684 euros, cantidade coa que se completa o orzamento dos traballos que selevarán a cabo ¿nun momento sensible derivado da crise sanitaria e taméneconómica¿ e que suporán ¿un gran impacto económico positivo¿, segundo teñen enconta dende o goberno local.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com